Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais Baséase na utilización de documentos e fontes relevantes para a súa análise e posterior utilización para explicar a natureza dos distintos contidos e aspectos da materia. 10
Proba de ensaio Pretende determinar os logros dos estudantes en termos obxectivos e avaliar de xeito directo a capacidade de análise, a expresión e a organización de ideas relativas aos contidos da materia 30
Recensión bilbiográfica Comprende ademais da lectura dunha obra, a análise do seu contido, unha crítica e posterior valoración da mesma. 20
Traballos tutelados Trátase de facer un traballo de iniciación á investigación. Esixe por parte do alumnado un grao de responsabilidade consonte cos obxectivos e a calidade que debe presidir este tipo de traballo. 30
Presentación oral Exposición de traballos, individuais ou colectivos, diante do grupo de referencia, procurando tirar conclusións sobre a problemática investigada, documento ou experiencia abordada. 10
 
Observacións avaliación

A asistencia as clases é imprescindible. O límite de asistencia mínimo é do 85%. Calquera circunstancia persoal que poida alteirar o seguimento da materia por parte do alumnado deberá ser comunicada para a súa oportuna e axeitada consideración. As faltas de asistencia habituais non precisan ser xustificadas mentres non excedan o 20% do total.
Os traballos individuais, entre os que se considera a proba de ensaio, terán un valor do 60% na nota final. Os traballos realizados en grupo un 40%