Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Innovación docente/652601E11
Practicum/652601106
Traballo fin de Mestrado/652601107

Observacións
  • Coa finalidade de contribuir ao desenvolvemento das competencias dixitais docentes (especialmente vinculados coa Alfabetización Informacional - ALFIN - e a curación e produción de contidos dixitais) dende esta materia recoméndase ao alumnado a construción dun banco de recursos dixitais persoal no que poida organizar e categorizar material de interese para o desenvolvemento da materia (artigos científicos, experiencias, ferramentas e aplicacións didácticas, páxinas web institucionais vinculadas coa educación escolar, blogues especializados e de boas prácticas, etc). Recoméndase para iso, o uso de marcadores sociais ou aplicacións dixitais específicas que lles permitan categorizar ou asignar etiquetas coas que mellorar a súa clasificación e consulta posterior. Todo iso resultaralle de gran interese á hora de contrastar a teoría e a práctica educativa mediante o Practicum do Mestrado, así como para construír a fundamentación teórica do futuro Traballo Fin de Mestrado (TFM).
  • Recoméndase que a entrega dos traballos sexa feita a través da plataforma Moodle e -de non ser posible- non empregar plásticos, elixir a impresión a dobre cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores. Débese facer un uso sostible dos recursos e dében previr impactos negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
  • Ante a incorporación de “Igualdade de Xénero” como materia de libre configuración autonómica no curso 2016/2017 na etapa da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e a materia “Coeducación para o século XXI” na etapa de Bacharelato no vindeiro 2018/2019, na materia de Didáctica, Currículo e Organización Escolar tratarán de desenvolverse obxectivos, contidos e actividades tendentes á formación do futuro profesorado en cuestións relativas á concienciación sobre a violencia de xénero, a igualdade entre mulleres e homes e a coeducación. Debido a isto, recoméndase ao alumnado, empregar unha linguaxe inclusiva, contemplar a perspectiva feminista nos seus traballos e entregas de aula e evitar a manifestación de calquera tipo de discriminación, prexuízo ou minusvaloración por razón de xénero no contexto desta materia.