Metodoloxías Descrición
Foro virtual Existirá un caderno dixital para comentaren os/as estudantes as sesións e debater sobre as lecturas e os temas principais que se abordaren na aula.
Proba mixta Existirá unha proba obxectiva final, con contidos fundamentalmente prácticos, que o alumnado deberá superar con, cando menos, un catro para lle facer media co resto das cualificacións obtidas durante o curso.
Lecturas O alumnado deberá demostrar a comprensión das lecturas obrigatorias a través da súa participación no caderno dixital.
Sesión maxistral Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedimentais fundamentais para o alumnado alcanzar as competencias e destrezas previstas na materia.
Estudo de casos Na aula estudaranse diversos supostos prácticos para responder á hetoxeneidade de centros e de situacións sociolingüística.