Código Competencias do título
A5 (CE-G5)Coñecer os procesos de interacción e comunicación no aula e no centro, abordar e resolver posibles problemas
A32 CE-P1) Adquirir experiencia na planificación, na docencia e na avaliación das materias correspondentes á especialización.
A33 (CE-P2) Acreditar un bo dominio da expresión oral e escrita na práctica docente
A34 (CE-P3) Dominar as destrezas e as habilidades sociais necesarias para fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e a convivencia.
A35 (CE-P4) Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación a partir da reflexión sobre a práctica.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.