Metodoloxías Descrición
Presentación oral Presentación na aula dos traballos tutelados propostos polo estudante.
Aprendizaxe servizo Presentación da aprendizaxe adquirida con traballos tutelados orientados a necesidades reais da súa contorna coa fin de mellorala, que se fará a algunha entidade colaboradora co obxectivo de proporcionar un servizo á comunidade.

Esta actividade e a anterior son excluíntes, de tal xeito que o alumnado só realizará unha delas. O número de horas totais dedicado polo tanto a esta actividade será a suma das horas planificadas para cada unha, é dicir, 11 horas de traballo presencial e 21 horas de traballo autónomo.
Traballos tutelados Traballos realizados polo alumno para aprofundar e afianzar os coñecementos sobre diferentes aspectos das tecnoloxías.

Os traballos tutelados non serán presenciais. A entrega dos mesmos será flexible segundo as necesidades do alumnado na modalidade de matriculación a tempo parcial.

Prácticas a través de TIC O alumno estudará a aplicación práctica dalgúns dos contidos teóricos vistos nas clases maxistrais. Nestas prácticas o alumno utilizará diferentes ferramentas propostas polo profesor.

As prácticas non serán necesariamente presenciais, facilitando así a súa realización para aqueles alumnos que non poidan asistir ás sesións presenciais ou o fagan de xeito parcial mediante a modalidade de matriculación a tempo parcial. A entrega das prácticas será flexible segundo as necesidades deste alumnado.

Proba mixta Proba escrita de resolución de cuestións e exercicios prácticos sobre os contidos da asignatura.

Sesión maxistral Exposición dos contidos teóricos da asignatura de acordo cos resultados de aprendizaxe.