Metodoloxías
Portafolios do alumno
Lecturas
Proba mixta
Descrición
1. As dúbidas e demandas de orientación que xurdan das sesións expositivas, análise de fontes documentais, lecturas, actividades e preparación do exame, serán atendidas pola profesora da materia durante o horario de titorias fixado de forma oficial.
2. De maneira máis específica, e no marco das sesións interactivas, a profesora ofrecerá atención personalizada mediante a que levará o seguimento e orientación das actividades que se realicen ao longo do cuadrimestre.
3, Como a realización do portafolio é o traballo principal da materia e ten un peso importante na avaliación desta, cada grupo (ou alumno/a, de o realizar de maneira individual) deberá obrigatoriamente solicitar unha titoría, fóra do horario de docencia presencial da materia.
4. Esta proposta de atención personalizada é extensible ao alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, que faga uso de dita dispensa.