Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A19 A24 C1 C8 O sistema de corrección da dita proba será o seguinte:

- Para preguntas de verdadeiro/falso: unha resposta incorrecta, restará unha resposta correcta.

- Para preguntas de varias alternativas aplicarase a fórmula de corrección ao azar: acertos - erros/nº alternativas - 1.

Na avaliación individual tamén se terá en conta a participación de cada estudante no traballo do grupo así como a asistencia as diferentes sesións que se puntuará como máximo con 1 punto.
40
Presentación oral A28 C1 C5 C8 O proxecto investigador proposto será presentado de forma oral, e valorarase seguindo criterios relacionados coa calidade e a claridade na exposición, a capacidade de axustarse aos tempos esixidos e o emprego de recursos innovadores. 20
Traballos tutelados A28 A35 C3 C4 C5 C8 Ao longo das sesións iránse desenvolvendo de forma teórica e práctica os diferentes apartados dun proxecto investigador centrado nunha temática relacionada cos contidos do módulo. O alumnado deberá desenvolver eses contidos de forma escrita, xustificando cada decisión tomada. Poderase realizar de forma individual ou grupal.

A proposta do proxecto investigador terá un tamaño de 5-6 follas máximo, e será valorado tanto na súa presentación oral, como na súa forma escrita, atendendo a criterios relacionados coa calidade do traballo e o seu carácter innovador.

Os contidos incluidos deben estar apropiadamente referenciados ao longo do traballo e no apartado de referencias usando as normas APA 6ª Edición (ou unha posterior se proceder).
No parafraseado deben figurar as fontes orixinais das ideas que se reelaboran. A presencia de fontes científicas no traballo é un signo de credibilidade que é un requisito imprescindible para demostrar a excelencia académica.
Recoméndase consultar todo o relacionado coa propiedade intelectual e cómo publicar no seguinte enlace:
https://www.udc.es/gl/biblioteca/servizos/apoio_investigacion/servizos_apoio/index.html
40
 
Observacións avaliación
ALUMNADO ASISTENTE: As condicións da avaliación sinaladas, fíxanse para o alumnado asistente a clase.
- Considerarase alumnado asistente a aquel que presente, como máximo un 20% de faltas de asistencia durante o curso; por iso, o profesorado poderá solicitarlle ao alumnado que asine unha folla tanto á entrada como á saída.
- O alumnado poderá xustificar as súas faltas de asistencia.
- O alumnado deberá acadar o 50% da nota en cada una das metodoloxías de avaliación sinaladas; isto é, un 2 sobre 4 na proba mixta, un 2 sobre 4 no traballo tutelado e un 1 sobre 2 na presentación oral.

ALUMNADO NON ASISTENTE: O alumnado que non forme parte de ningún grupo, non realice a proposta de proxecto investigador ou non asista regularmente ás clases, considerase alumnado non asistente.
O alumnado non asistente aparecerá como suspenso na 1º convocatoria, cunha cualificación de 4 puntos, e terán que realizar someterse ao seguinte proceso de avaliación para a 2ª convocatoria de xullo:
- Terá que presentar a proposta de proxecto investigador que serán valoradas co 20% da cualificación final da materia; isto é, 2 puntos sobre 10, pero é necesario acadar a metade da puntuación para aprobar (é dicir, mínimo 1 punto). O prazo máximo de entrega será a semana seguinte de finalizar as clases.
- Terá que realizar o exame de proba mixta, cuxa cualificación será do 80% da nota final; isto é, 8 puntos sobre 10, pero é necesario acadar a metade da puntuación para aprobar (é dicir, mínimo 4 punto).


ALUMNADO CON MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL: A UDC regula a matrícula de estudantes a tempo parcial, criterios que tamén serán tidos en conta polo profesorado, polo que será necesario que o alumnado con este tipo de réxime de dedicación, solicite a dispensa e a entregue á docente, concertando una tutoría na que lle informará sobre a maneira na que se desenvolverá o proceso de ensino-aprendizaxe. O alumnado que se adhiera a esta modalide será avaliado baixo o seguinte proceso de avaliación:
- Terá que presentar a proposta de proxecto investigador que serán valoradas co 20% da cualificación final da materia; isto é, 2 puntos sobre 10, pero é necesario acadar a metade da puntuación para aprobar (é dicir, mínimo 1 punto). O prazo máximo de entrega será a semana seguinte de finalizar as clases.
- Terá que realizar o exame de proba mixta, cuxa cualificación será do 80% da nota final; isto é, 8 puntos sobre 10, pero é necesario acadar a metade da puntuación para aprobar (é dicir, mínimo 4 punto).