Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais O alumnado usará fontes documentais bibliográficas e webgráficas para profundizar nas temáticas expostas nas sesións maxístrais, na realización dos estudos de casos, o portafolio e a presentación oral. As webs instititucionais son unha parte importante das fontes documentais que se van utilizar.
Portafolios do alumno O alumnado elaborará un informe sobre as aprendizaxes adquiridas e a súa vinculación coa función docente e orientadora do profesorado da especialidade de FOL. Incorporará ademais os traballos desenvolvidos na aula
Estudo de casos O alumnado elaborará un itinerario formativo e laboral basándose nun caso práctico, no que terá que incorporar as aprendizaxes adquiridas ao longo dos exercicios realizados na clase, entre os que se atopana a perspectiva de xénero e o estudo do mercado laboral
Sesión maxistral O profesor exporá dunha maneira sintética e con distinto nivel de profundidade os contidos que se abordan na materia.
Proba de ensaio Consta dunha única pregunta na que o alumando ten que sintetizar e relacionar os contidos abordados coa función orientadora do profesorado de FOL
Presentación oral O alumnado realizará presentacións orais do estudo de caso para desenvolver a competencia de falar en público e a capacidade de organización e síntese da información.