Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A18 A34 C6 O alumnado elaborará un itinerario formativo e laboral basándose nun caso práctico, no que terá que incorporar as aprendizaxes adquiridas ao longo dos exercicios realizados na clase, entre os que se atopana a perspectiva de xénero e o estudo do mercado laboral 40
Portafolios do alumno A16 A17 A18 A31 A34 C3 C4 C7 O portafolio estará formado polos traballos realizados na clase e que están relacionados co estudo de caso, así como un informe final das aprendizaxes adquiridas no que se reflictirá: Aprendizaxes adquiridas na materia (que sabía /que aprendín/ en que seguir formándome); Relación/vinculación das aprendizaxes realizadas coas distintas materias cursadas no máster; Aspectos da materia para observar no Practicum; Reflexións sobre o traballo en grupo (estudo de caso) e aprendizaxes realizadas, avaliando o funcionamento do grupo e aos seus participantes; Reflexións sobre a materia e aspectos a mellorar 40
Proba de ensaio A16 A17 A18 A29 C4 C7 O alumnado desenvolverá un ensaio a partir dunha pregunta realizada 20
 
Observacións avaliación
ASISTENCIA
  A asistencia  é obrigatoria. O alumnado con asistencia regular que ocasionalmente non acuda a unha sesión deberá de realizar  e entregar  as actividades realizadas na aula (só aplicable ó alumnado cun 15% de ausencias) . 
 
 As persoas con matrícula a tempo parcial  e dispensa académica  poden ter unha ausencia superior ó  15%. Neste caso teñen dereito  a unha modalidade de avaliación específica que contempla  a supervisión  e titorización individualizada. En todo caso,  teñen que realizar as mesmas  tarefas que  o resto do alumnado. 

O   alumnado  sen matrícula a tempo parcial e dispensa académica que non cumpra co requisito  de  asistencia  ó  85% das horas da materia terá que realizar un exame  teórico-práctico e o estudo de casos. Para aprobar terá que aprobar as dúas partes. 
 REQUIRIMENTOS PARA APROBAR A MATERIA 

A cualificación final será o resultado das puntuación obtidas nas tres actividades de avaliación: portafolio do alumnado (4 puntos), estudo de casos (3 puntos) e  proba de ensaio (3 puntos). Para superar a materia é indispensable obter a metade da cualificación en cada unha das tres actividades. 

INTEGRIDADE ACADÉMICA 
PLAXIO: O plaxio en calquera das actividades realizadas durante a materia, incluído o portafolio, será, atendendo ó que se establece na normativa sobre avaliación da UDC, motivo de suspenso.