Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición e explicación de contidos e reflexións para o posterior traballo de cada estudante.
Obradoiro Prácticas guiadas, xeralmente grupais, en que o alumnado desenvolve tarefas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado.
Lecturas Realización de lecturas necesarias para a formación do estudante a respecto do contido do curso.
Traballos tutelados Traballo academicamente dirixido sobre unha cuestión da materia previamente asignada. O tema e a bibliografía serán acordados entre o profesorado e o(s) estudante(s).
Proba mixta Proba escrita de carácter teórico-práctico.