Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Os/as estudantes deben demostrar coñecemento teórico e dominio práctico dos principios e criterios que presiden o proceso de desenvolvemento e concreción do currículo (con especial atención aos que se refiren ao deseño de unidades didácticas, que e a súa derradeira fase). AP20
AP21
AP27
CM1
CM3
CM4
CM6
Os/as estudantes deben familiarizarse coas concepcións «modernas» da avaliación, as cales, no canto de a reducir ao mero acto de corrixir e puntuar, prefiren contemplala como unha práctica que precede, acompaña e segue ao proceso de ensinanza-aprendizaxe (e que, por tanto, axuda a planificalo, a xestionalo e, por suposto, a valorar os seus resultados e extraer leccións para o porvir). AP24
CM1
CM3
CM4
CM6
Os/as estudantes deben achegarse ao problema das adaptacións curriculares, facendo seus os valores que subxacen a elas (respecto da diferenza, consideración por «o outro») e asimilando (reflexiva e mesmo criticamente, de ser preciso) algunhas das pautas e suxestións que para levalas a cabo propoñen os especialistas en orientación educativa. AP20
AP21
AP27
CM1
CM3
CM4
CM6
Os/as estudantes deben coñecer, grosso modo, as etapas do proceso de selección do persoal docente dos centros de titularidade pública, tomando conciencia dos principios que o presiden (igualdade, mérito, capacidade) e establecendo as oportunas comparacións cos procedementos en uso nos países do noso contorno. CM1
CM3
CM4