Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe dos contidos da materia.
Aprendizaxe colaborativa Baséase na organización da clase en grupos de 5-6 persoas para deseñar un proxecto de investigación educativa a partir dunha temática proposta polo grupo. El alumnado, polo tanto, traballará conxuntamente na resolución de tarefas encomendadas e supervisadas polo profesorado para optimizar a súa aprendizaxe.
Investigación (Proxecto de investigación) Proceso de ensinanza orientado á aprendizaxe do alumnado mediante a realización de actividades que requiran desenvolver os procesos relevantes como a recollida e análise de datos, a obtención e discusión dos resultados e a extracción de conclusións.
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal da investigación realizada.