Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida Discusión e valoración dos temas propostos por os/as profesores/as e das presentacións do resto do alumnado.
Presentación oral Cada estudante realizará unha presentación oral sobre un dos contidos do temario da especialidade de lingua estranxeira (inglés). Os/as profesores/as explicarán previamente os aspectos a ter en conta á hora de preparala: tanto o desenvolvemento dos contidos como a mecánica da propia presentación (organización, coherencia, uso da lingua inglesa e linguaxe corporal, entre outros aspectos).
Proba de ensaio Na data oficial do exame final cada estudante desenvolverá por escrito un tema do temario de linguas estranxeiras.
Sesión maxistral Os/as profesores/as tratarán do temario da especialidade de lingua estranxeira (inglés), así como o desenvolvemento efectivo das presentacións.