Metodoloxías
Presentación oral
Discusión dirixida
Descrición
Cada estudante realizará unha presentación oral dun tema relacionado cos contidos da materia. Despois da presentación analizarase na clase o desenvolvemento e profundidade da mesma, polo que se lle dedicará tempo de clase á comprensión de cada estudante dos contidos da materia. Para a elaboración da presentación tamén contarán co apoio do profesor fóra da aula.

Anímase ao alumnado a que asista ás titorías do profesor ou que se dirixa a él mediante os medios telemáticos postos a súa disposición pola universidade, principalmente por correo electrónico (eduardo.barros@udc.es), pero tamén a través de Moodle e Teams.

As horas de atención ao alumnado para o curso 2022-2023 son:
- Luns, de 12.15 a 14.15 no Instituto de Estudos Irlandeses, Edificio de Servizos Centrais de Investigación, Campus de Elviña.