Metodoloxías Descrición
Presentación oral SOLICITUDE DE DEFENSA: Unha vez finalizado o proceso de elaboración do TFM, e unha vez obtido o informe favorable do director/a do mesmo, o alumnado terá que a) facer a solicitude de defensa e subir unha copia do traballo na súa secretaría virtual e b) presentar, no prazo e lugar establecido polo centro o impreso de solicitude de avaliación.
DEFENSA: Unha vez que se faga púbica a convocatoria do tribunal, o alumnado debe presentarse á hora indicada e agardar a ser chamado polo secretario/a do mesmo. Para a defensa deberá acudir cun documento identificativo (DNI ou Pasaporte), e o resto de documentos que se soliciten, se é o caso. Para a exposición, que será pública, disporá dun tempo de 20 minutos e o tribunal disporá de 20 minutos para realizar as preguntas que estimen oportunas e debatir co alumno/a. O alumnado poderá utilizar canto material sexa preciso para a exposición.
Traballos tutelados O traballo poderá desenvolverse segundo unha das seguintes variantes:
a) Estudos empíricos relacionados con calquera das liñas temáticas propias da especialidade docente en Música e enmarcados no ámbito das competencias deste.
b) Investigación educativa nalgún dos diferentes campos da especialidade.
c) Análise de protocolos de actuación, unidades didácticas, proxectos socioeducativos ou calquera outro documento institucional, vinculadas a algún dos diferentes campos do mestrado.
d) Deseño de unidades didácticas o proxectos curriculares relacionados coa especialidade.