Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas A23 B8 C3 Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de profundización nos contidos traballados. 10
Presentación oral A22 B1 B7 B8 B17 C3 Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. 10
Proba de ensaio A6 A20 A22 A25 B1 Proba na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Utilízase para a avaliación diagnóstica, formativa e sumativa. Permite medir as habilidades que non poden avaliarse con probas obxectivas como a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de redacción e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións. 5
Recensión bilbiográfica A6 A22 B1 B2 B4 B7 B8 B17 C1 A recensión bibliográfica supón un proceso de lectura crítica dun libro, dun artigo, dunha tese ou dunha comunicación a un congreso. Como tal proceso comprende a lectura da obra, a análise do seu contido e unha crítica e valoración da mesma en relación á literatura existente sobre o tema. Unha recensión non supón un resumo da obra, nin unha mera análise do contido, pois o que lle outorga sentido e dimensión académica científica é a crítica que merece a xuízo do autor da recensión, en relación a outras obras coñecidas do mesmo ámbito ou en relación a súa propia experiencia. 25
Análise de fontes documentais A22 A23 B4 C3 Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico. 10
Aprendizaxe colaborativa A25 B15 C1 C4 Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. 10
Estudo de casos A2 A20 A22 A23 C6 Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. 25
Foro virtual A6 A22 A23 A25 B1 B2 C1 C3 Espazo de discusión informal destinado aos estudantes para o tratamento dun tema ou problema, que se desenvolve a través dun contorno virtual de aprendizaxe mediante ferramentas de comunicación asíncrona (foro). 5
 
Observacións avaliación

- O profesor debe ter identificado a cada alumno mediante unha ficha onde vai realizando o seguimento, polo que é necesario que nas primeiras sesións de clase, cada alumno/a entregue a dita ficha con foto e debidamente cumprimentada.

- A puntualidade, a regularidade da asistencia ás sesións de clase así como o interese amosado, a actitude diante da materia e das actividades, e a participación e colaboración serán aspectos obxecto de avaliación. Sendo así, o alumno ou alumna que acumule máis de tres faltas de asistencia deixa de considerarse asistente pasando a ser avaliado seguindo outros criterios.

- Aqueles alumnos ou alumnas que por causas excepcionais non poden asistir regularmente ás clases presenciais, ás interactivas ou a ambas, é necesario que o xustifiquen debidamente para poder ter dereito a unha avaliación axustada ás súas necesidades, evitando agravios co resto do alumnado. 

- O alumnado regularmente asistente será avaliado segundo a proporción que segue: proba escrita (50%), traballos colectivos (20%), Recensións (10%), aspectos actitudinais (regularidade, puntualidade, interese, participación, colaboración...) (20%). Ter superado o traballo individual é requisito indispensable para aprobar a materia. No caso de non ter presentados os traballos correspondentes na convocatoria de xuño, e figurar como non presentado, para a convocatoria de xullo ditos traballos só puntúan, aumentando a calificación, se o exame está aprobado. En ningún caso o traballo decide o aprobado do alumno ou alumna que teña suspendido o exame desa convocatoria.

-Para poder ser avaliado, cada alumno ou alumna debe ter entregado os traballos (individuais ou colectivos) propostos, en tempo e forma. En caso contrario, considérase NON PRESENTADO. Do mesmo xeito, é conveniente que se utilicen as horas de atención ao alumnado para solventar dificultades relacionadas co desenvolvemento dos traballos individuais ou colectivos, coa marcha da materia, aclarar dúbidas, etc.