Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprender a terminoloxía básica, específica e propia da Didáctica, así como os conceptos referentes aos compoñentes didácticos do proceso de ensino e aprendizaxe, de modo que sexa capaz de reflexionar con rigor sobre os mesmos e orientar racionalmente a súa futura práctica docente. A1
B3
B10
Valorar críticamente as diferentes formas de interpretar a realidade educativa de acordo coas diferentes visións sobre a función social da escola e o ensino como sistema, en conexión cos obxectivos socio-educativos propostos. Comprender e reflexionar sobre a importancia da inclusión da diversidade que circunda as aulas educativas. A13
A26
B3
B15
B22
B24
C4
C6
Comprender as diferenzas entre a planificación curricular e a programación do proceso de ensino e aprendizaxe. Distinguir os diferentes niveis de concreción curricular e as súas implicacións. Coñecer os diferentes elementos e modalidades de deseño curricular. A30
B3
C6
Coñecer e diferenciar os principios básicos e as características que fundamentan a articulación curricular na actualidade. A4
B3
Diferenciar os distintos elementos curriculares. Utilizar diferentes criterios para a análise de grupo, a formulación de obxectivos e a selección e secuenciación de contidos considerándoos como un corpo de coñecementos no marco dun proceso de construción e reconstrución progresiva. A28
A30
Iniciarse no deseño de propostas educativas globalizadoras, lúdicas e interdisciplinares, que atendan ao desenvolvemento ingegral do neno e da nena de 0 a 6 anos, e que á súa vez introduzan a perspectiva da educación para o desenvolvemento no marco dunha cidadanía global e do desenvolvemento de actitudes comprometidas coa realidade que nos rodea. A13
A21
A28
B3
B6
B15
B22
B24
C4
Comprender o valor científico e pedagóxico da avaliación no campo do ensino, entendida como unha avaliación eminentemente formativa, así como afondar nas relacións entre avaliación e investigación. A20
B11
Analizar as figuras implicadas no proceso de ensino e aprendizaxe. Reflexionar sobre a necesaria profesionalización docente e as funciones do profesorado. Comprender o carácter interrelacional da función do profesorado no sistema educativo. A20
A21
B5
B6
B15
C4
C7
Desenvolver actitudes de investigación e innovación para facilitar a reflexión sobre a súa práctica educativa, entendida como un proceso de indagación e construción no marco da sociedade do coñecemento e o cambio cultural. A21
B1
B11
B14
C6
C7
C8