Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A62 A63 B1 B10 C1 Probas escritas utilizadas para a avaliación das aprendizaxes, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

As probas obxectivas poden combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construir cun só tipo dalgunha destas preguntas.
50
Obradoiro A8 A21 A26 A29 A44 A45 A60 B2 B5 B12 B17 B20 C1 C4 Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc.) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre temas específicos, co apoio e supervisión do profesorado. 50
 
Observacións avaliación

No segundo dia de clase é obligatoria a entrega na aula por parte do alumnado da materia dunha ficha individual en formato papel á profesora cunha foto actualizada e datos personais do alumno ou da alumna.

O longo do cuatrimestre terán lugar sesións de exposición oral (clases maxistrais) nas que a profesora explicará o contido teórico da asignatura, combinadas coas correspondentes clases de docencia e explicacións para os grupos pequenos/"interactivos" nas que ó alumnado levará a cabo os correspondentes obradoiros e presentacións orais presenciais na aula de prácticas, recensions, e lecturas desenvolvidas. A avaliación da asignatura terá en conta un seguimento activo por parte do alumnado dos contidos desenvolvidos (asistencia, participación na aula, colaboración e implicación no traballo das prácticas, etc.), así como una proba de examen para a superación da parte teórica e prácticas da asignatura donde se valorarán os coñecementos adquiridos. No seu conxunto a asistencia as clases, realización e exámenes das prácticas e da teoría contribuirán ao 100% da calificación obtida na materia.

A preparación da proba obxectiva ou examen da parte teórica farase a partir dos apuntes que o alumnado teña tomado e elaborado a partir da súa asistencia as clases e dos materiais indicados pola profesora e traballados polo alumnado perante o curso.

O alumnado que suspenda a materia na primeira convocatoria e o alumnado que (por motivo debidamente acreditado) non concurra á aula coa responsabilidade, asiduidade e constancia que requiere o seguimento da teoría e debida realización das prácticas da asignatura, é dicir, que non leven un seguimiento asiduo e activo da materia, poderán examinarse a través dunha proba de preguntas-tema a través de respostas debidamente elaboradas e conforme ó temario da asignatura (que se traballará a partir das fontes bibliográficas, sobre todo o manual indicado para a materia) -nas convocatorias correspondientes de xaneiro e/ou xullo- dos contidos desenvolvidos no programa da asignatura, poidendo obter a través de esta proba sólo un 5 como calificación máxima. Previamente terá que ter traballada unha recensión bibliográfica coas indicacións das lecturas dadas pola profesora en titorías previamente concertada e entregada coa dimensión e nas datas fixadas pola profesora (esta recensión será avaliada sobre 2,5 puntos como máximo).

*Os criterios e a planificación desta guía docente son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado e segundo o criterio da profesora poderán ser obxecto dalgunha adaptación para superar a casuística específica e debidamente xustificada do alumnado. Todo isto deberá ser debidamente informado e xustificado á profesora nunha titoria previamente concertada e fixada mediande solicitude por correo electrónico, cunha semana de antelación como mínimo,  para ser tratadas as excepcións á norma correctamente e explorar e poder entón decidir as posibibles adaptacións ou non das casuísticas irregulais.