Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividades que se levarán a cabo antes de iniciar o proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar. Presentación da materia.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de introducir e presentar os coñecementos de cada tema e facilitar a súa aprendizaxe.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de actividades e prácticas relativas a cada tema asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do alumnado baixo a tutela da profesora na aula. Trátase de actividades de orientación-execución e de demostración-práctica a fin de que o alumnado comprenda significativamente a información e a integre na súa estrutura de coñecementos.
Estudo de casos Metodoloxía na que terán que elaborar informes psicoevolutivos, a partir da observación participativa ou da aplicación de probas, de alumnado de educación infantil. Todo isto farase a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica na que terán que utilizar material bibliográfico relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Emprégase como introdución xeral á materia, no estudo de casos ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Proba de ensaio Proba na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.). Utilízase para a avaliación sumativa. Permite medir as habilidades de síntese, de comparación, de redacción do alumnado, polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos teórico-prácticos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
Investigación (Proxecto de investigación) Proceso de ensinanza orientado a facilitar a construción expansiva do coñecemento mediante a realización de actividades-prácticas para identificar, analizar e estudar algunhas das características psicoevolutivas do alumnado de infantil a través da observación, de autoinformes e de estudos clínicos