Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) A1 A4 B1 B5 B11 C6 C7 Estas actividades prácticas (informes/artigo de investigación), consistentes na análise e estudo da aprendizaxe escolar e dalgunhas das variábeis intrapersoais e ambientais que inflúen na mesma, serán realizadas de forma colaborativa/cooperativa e entregadas a través da plataforma Moodle na data/s sinaladas no cronograma. 10
Traballos tutelados A1 A4 A5 A6 B1 B5 B11 B24 C4 C6 C7 Actividades de orientación-execución e de demostración-práctica tuteladas e guiadas pola profesora/profesor co de que o alumnado, de forma colaborativa, comprenda significativamente en que consiste a aprendizaxe escolar e as variabéis intrapersoais e ambientais que inflúen na mesma para finalmente integralo na súa estrutura de coñecementos. Estas actividades, realizadas en grupos colaborativos non superiores a 4 personas, serán entregadas a través da plataforma Moodle nas datas sinaladas no cronograma ao finalizar cada tema. 50
Proba de ensaio A1 B1 B11 Esta proba de carácter individual realizarase para verificar o grao de adquisición das competencias do "saber" (contidos teóricos) e "saber facer" (actividades e prácticas) Búscase responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada combinada coa capacidade de razoamento. Permite medir as habilidades de síntese, descrición, comparación, relación, explicación, exemplificación.
Na MODALIDADE B de AVALIACIÓN esta proba terá o 100% do peso na avaliación.
40
 
Observacións avaliación

1ª CONVOCATORIA. 1ª
OPORTUNIDADE

Dependendo da asistencia continuada ou non as clases, hai dúas
modalidades de seguir a materia de “Psicoloxía da aprendizaxe en contextos educativos” que determinan dous modos diferentes de avaliación: Modalidade A:
Avaliación Continua e Modalidade B de Avaliación Final 



Modalidade A.
Avaliación Continua.
 

a/ Da  presentación por escrito das actividades de grupo de cada un dos temas (traballos tutelados) que suporán un máximo dun 50% da cualificación 

b/ Da presentación por escrito das prácticas grupais que se indiquen (investigación/proxecto de investigación) e que suporán un máximo do 10% da cualificación.

b/ proba do ensaio individual sobre os contidos teórico-prácticos da materia. Isto representa como máximo un 40% da cualificación

Para superar satisfactoriamente a materia será necesario presentar todas as actividades (traballos tutelados) e prácticas (investigación) grupais propostas obtendo en cada unha delas o 50% do peso da cualificación e participar no traballo non presencial como mínimo nun 85% das horas traballadas (participación cualificada polos membros do grupo colaborativo). Ademáis deberá realizarse a proba de ensaio individual, obtendo igualmente un 50% do peso da cualificación.  

A cualificación final será a suma das puntuacións obtidas en cada un dos elementos da avaliación segundo o seu peso respectivo (esta cualificación a nivel individual pódese ver afectada polas cualificacións que os membros do grupo fagan do traballo realizado por cada membro). No caso de non
superar algunha das partes obrigatorias, a nota final será a nota da parte non
superada.


Modalidade B
. Avaliación Final

Para aquel
alumnado que non asista ao 85% das horas presenciais, alumnado doutras convocatorias/repetidor ou con recoñecemento de
dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de
asistencia,  a cualificación virá determinada por unha proba final escrita
dos contidos teórico-prácticos da materia, que constituirá o 100% do peso da avaliación. 

      1ª CONVOCATORIA. 2ª OPORTUNIDADE

- Na Modalidade A. Terase que repetir a parte obxecto de
avaliación en que non se acadou o 50% do seu peso na cualificación

- Na Modalidade B. A avaliación realizarase segundo o
sinalado para a 1ª oportunidade.

OUTRAS CONVOCATORIAS

Nas restantes convocatorios seguirase a Modalidade B de Avaliación Final,
isto é proba escrita dos contidos teórico-prácticos da materia do curso
académico correspondente.