Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A1 A4 A5 A6 B1 B5 B11 C4 C6 C7 Carpeta de actividades e/ou prácticas da materia que o alumnado deberá entregar para a súa avaliación. 40
Proba de resposta múltiple A1 B1 B11 Proba obxectiva con varias opcións ou alternativas de resposta e só unha delas é válida. 60
 
Observacións avaliación

1ª CONVOCATORIA. 1ª
OPORTUNIDADE

Dependendo da asistencia continuada ou non as clases, hai dúas
modalidades de seguir a materia de “Psicoloxía da aprendizaxe en contextos educativos” que determinan dous modos diferentes de avaliación: Modalidade A:
Avaliación Continua e Modalidade B de Avaliación Final 



Modalidade A.
Avaliación Continua.
 

Avaliación Continua. Nesta modalidad levarase a cabo unha avaliación de tipo procesual consistente na realización dunha serie de actividades y/ou prácticas realizadas en grupo co seguimento periódico de las mismas. Por tanto será obrigatoria a asistencia ás clases (como mínimo o 85% das horas presenciais, é dicir, só se poderá faltar un máximo de 4 módulos no  cuadrimestre (no  caso contrario  deberase optar pola modalidad B), sendo imprescindíbel ademais a participación activa e continuada por parte del alumnado no grupo de traballo na aula (no caso contrario contabilizarase como unha ausencia). Esta avaliación levarase a cabo a partir da:

a/ Da  presentación por escrito do portafolio grupal, que suporán un máximo dun 40% da cualificación 

b/ Da proba mixta individual sobre os contidos teórico-prácticos da materia. Isto representa como máximo un 60% da cualificación

A cualificación final será a suma das puntuacións obtidas en cada un dos elementos da avaliación segundo o seu peso respectivo . No caso de non
superar algunha das partes obrigatorias, a nota final será a nota da parte non
superada.


Modalidade B
. Avaliación Final

Para aquel
alumnado que non asista ao 85% das horas presenciais, alumnado doutras convocatorias/repetidor ou con recoñecemento de
dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de
asistencia,  a avaliación virá determinada por:

a/ a presentación por escrito do portafolio individual, que suporán un máximo dun 40% da cualificación 

b/ a proba mixta individual sobre os contidos teórico-prácticos da materia. Isto representa como máximo un 60% da cualificación

      1ª CONVOCATORIA. 2ª OPORTUNIDADE

- Na Modalidade A e B. . Terase que repetir a parte obxecto de avaliación en que non se acadou o 50% do
seu peso na cualificación

  • A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.