Metodoloxías
Traballos tutelados
Sesión maxistral
Proba mixta
Descrición
O profesorado realizará un seguimento do traballo que vaia realizando o alumnado asistente a través das prácticas que vaia realizando.

É importante que o alumnado realice as súas prácticas desde o primeiro día e acuda ás titorías de maneira asidua co fin de resolver as dúbidas que estime oportunas.

As titorías desenvolveranse, polo tanto, na aula, durante as clases e no despacho do profesorado, da seguinte forma:

* No caso de indicacións xerais a todo o grupo (realizaranse nas clases expositivas).

* A grupos de traballo pequeno (realizaranse nas clases interactivas -prácticas- ou no despacho).

* Individuais (realizaranse no despacho e versarán sobre o progreso do alumnado).