Metodoloxías
Aprendizaxe servizo
Portafolios do alumno
Obradoiro
Presentación oral
Descrición
A organización en grupos pequenos das sesións interactivas permitirá á profesora trabar coñecemento co alumnado e realizar o seguimento dos seus progresos.

As titorías constituirán, así mesmo, un espazo para a consulta e a resolución de diferentes dificultades que poidan xurdirlle a cada grupo ou estudante nas tarefas solicitadas (portafolios individual, proposta grupal de aprendizaxe-servizo etc.) ou calquera outra cuestión ao redor da materia. O atendemento ao alumnado realizarase no horario marcado ao comezo do curso e poderá solicitarse á docente a través de correo electrónico ou do chat de Teams. Así mesmo, a titoría poderá ser presencial ou a través da plataforma Teams, sempre e cando non sexa posíbel a opción presencial.