Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe servizo A19 A23 A48 A59 A60 A62 A63 B4 B5 B6 B8 B15 B19 B22 B23 B24 A actividade realizarase en grupo e componse de:
- O deseño dunha proposta didáctica arredor da literatura de tradición oral e a súa aplicación nunha aula de Educación Infantil. A práctica gravarase en vídeo para a súa posterior presentación na aula e posterior debate co resto dos grupos. (30% da cualificación)
- Un traballo de reflexión sobre o proceso de deseño e aplicación da proposta didáctica. Valorarase a capacidade de observación e de autocrítica, así como a integración dos coñecementos adquiridos no conxunto da materia. Terase especialmente en conta a claridade expositiva e a corrección expresiva. (20% da cualificación).
50
Portafolios do alumno A31 A42 A43 A44 A45 A48 A63 B1 B3 B4 B9 B10 B11 B12 B19 B25 C1 C3 C7 O portafolios realizarase de xeito programado co desenvolvemento da materia e incluirá aquelas actividades que a docente indique ao alumnado e que este deberá realizar en tempo e forma para poder ser avaliadas empregando a avaliación continua. A finalidade última é a de facer un seguimento da aprendizaxe do/da alumno/a a medida que se vai desenvolvendo a materia para que este/esta sexa consciente dos seus avances no proceso de ensino-aprendizaxe. 40
Obradoiro A29 A40 A44 A49 A50 B2 B5 B7 B12 B16 B17 B18 B19 B22 C1 C4 Resolución de tarefas prácticas a través de diversas metodoloxías (exposicións, simulacións, debates, prácticas guiadas, etc.), co apoio e supervisión do profesorado. 10
 
Observacións avaliación

Requisitos

O alumnado debe ser capaz de se expresar correctamente en lingua galega,
tanto oralmente como por escrito. O dominio destas destrezas é
preceptivo para aprobar a materia.

Modalidades de avaliación

Estabelécense dúas modalidades de avaliación:

1. Para as persoas que formen grupo (constituído por un mínimo de catro persoas) e asistan regularmente ás clases:

  • unha tarefa colaborativa: a actividade de aprendizaxe servizo, dividida á súa vez no deseño e aplicación da proposta didáctica (30% da cualificación) e no traballo de reflexión (20% da cualificación);
  • unha tarefa individual: un portafolios individual onde o/a alumno/a irá recollendo as actividades propostas pola docente na aula e fóra desta para o seu seguimento e revisión, así como a súa posterior cualificación (40% da cualificación).
  • asistencia e participación nos obradoiros programados, o que implica asistencia a un 80% das sesión interactivas para acadar a puntuación mínima ( máx. 10% da cualificación).

Para superar a materia é preciso ter aprobadas todas as probas. As persoas que concorran á oportunidade de xullo só repetirán as partes suspensas.

O traballo colaborativo é fundamental nesta modalidade de avaliación, polo que se debe asistir a un mínimo do 80% das sesións interactivas; así pois, a docente fará un seguimento de asistencia.

2. Para as persoas que non formen grupo ou non asistan regularmente ás clases:

  • unha única proba de ensaio extensa (100% da cualificación).

Entrega dos traballos

Os traballos ou tarefas propostas entregaranse en formato dixital a través da plataforma Moodle ou dos medios telemáticos sinalados pola docente.