Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Coas actividades iniciais identificaranse os coñecementos previos que os estudantes posúen da materia e presentarase a mesma.
Sesión maxistral A través das sesións expositivas, a profesora explicará os diferentes temas e conceptos incluídos neles para a súa mellor comprensión.
Eventos científicos e/ou divulgativos Tentarase que os estudantes asistan e participen en xornadas ou seminarios que aborden algunha temática tratada na materia. Pediráselles un informe do que aprendesen.
Lecturas Os estudantes realizarán unha serie de lecturas sobre diferentes temáticas para profundar sobre determinados aspectos.
Simulación Os alumnos deberán actuar como titores ante diversas situacións nas que se traballarán as relacións interpersoais, o comprotamiento, as actitudes e os valores.
Proba de ensaio Realizarase unha proba que permitirá demostrar as aprendizaxes adquiridas.
Presentación oral Os estudantes deberán facer unha presentación oral dalgunha temática traballada.
Aprendizaxe colaborativa Organizaranse, en clase, pequenos grupos de estudantes nos que se traballará conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e o dos outros membros do grupo.