Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A33 A36 A38 A40 A41 B5 B6 B11 B12 B17 B18 B25 C1 Metodoloxía que pretende a aprendizaxe autónoma dos estudantes a nivel individual e grupal de xeito que o grupo actúe como "comunidade que construe o seu propio coñecemento" levando a cabo actividades dentro e fora da aula. A súa realización é de caracter obrigatorio e para superala é preciso acadar o 50% da cualificación indicada. 25
Prácticas de laboratorio A36 A39 A40 B2 B5 B17 B18 C1 C3 Esta metodoloxía permite que se aprenda efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico con caracter indagativo. A súa realización é de caracter obrigatorio e para superala é necesario acadar o 50% da cualificación indicada. 20
Presentación oral B10 B17 B25 C1 Os grupos exporán coa axuda das TAC, un tema a elexir entre os traballos elaborados ou propostos polo profesor, que lles orientará tanto nos aspectos básicos a tratar coma na procura, escolla e tratamento da información. A súa realización é obrigatoria e para superala é preciso acadar o 50% da cualificación indicada. 5
Proba mixta A15 A33 A36 A38 A39 B10 C1 Realizarase unha proba escrita. A tipoloxía das preguntas se establecerá ao longo do período lectivo, podendo ser de tipo test, de verdadeiro ou falso, de emparellar conceptos, breves ou abertas de semidesenvolvemento. Para superala é preciso acadar o 50% da cualificación indicada. 50
 
Observacións avaliación

A cualificación final será consecuencia dos resultados obtidos nos seguientes apartados:


  • Prácticas de laboratorio. A asistencia ás mesmas é obrigatoria e non son recuperables. A cualificación deste apartado está condicionada á participación do alumno nas sesións programadas e ao traballo que terá que entregar de cada práctica realizada.
  • Traballos tutelados. Faranse concarácter obrigatorio en pequenos grupos (de no menos de 3 e non máis de 5 alumnos) e serán expostos na clase. A asistencia ás exposición é tamén obrigatoria.
  • Proba mixta. Terá lugar na data establecida no calendario oficial da Facultade.
    Con carácter extraordinario, e en función da dispoñibilidade de datas e/ou de recursos, poderá facerse, previamente á convocatoria oficial, unha proba previa de carácter eliminatorio con preguntas de de calquera das tipoloxías indicadas máis arriba. A esta proba extraordinaria non se poderá presentar o alumnado non presencial nin o presencial que teña acumulado máis dun 20% de faltas de asistencia, independentemente de que estean ou non xustificadas. 

Para obter unha cualificación de aprobado é imprescindible: a) ter asistido polo menos ao 80% das prácticas de laboratorio e das sesións interactivas (traballos tutelados); b) obter un 5 sobre 10 en cada unha das partes avaliadas (prácticas de laboratorio, traballos tutelados, presentación de traballos tutelados e proba mixta).

A cualificación de suspenso farase en base á media ponderada dos apartados que se teñan suspendido. 

O alumnado que non asista polo menos ao 80% das prácticas de laboratorio e ao 80% das sesións interactivas (traballos tutelados) e/ou obteña unha nota media inferior a 5 sobre 10 nas prácticas de laboratorio e/ou nos traballos tutelados:


  • Terá que realizar, na data establecida no calendario oficial da Facultade, un exame global de avaliación dos resultados de aprendizaxe incluidos nesta guía docente.

  • A cualificación final farase en base á nota obtida no exame.