Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A53 A54 A55 A56 A57 Realizarase unha ou varias probas escritas que integrarán diferentes xeito de comprobar se a aprendizaxe foi significativa. Para elo empregaranse diferentes tipos de probas:
1.1. Probas de resposta breve.
1.2. Preguntas tipo test.
1.3. Preguntas abertas.
1.4. Exercicios prácticos.


25
Investigación (Proxecto de investigación) B1 B22 B25 C3 C7 C8 Presentación e defensa oral dun traballo de investigación sobre un tema relacionado coa materia no que se valorarán os seguintes aspectos:
1. Profundidade dos contidos.
2. Emprego da linguaxe apropiada.
3. Uso axeitado das fontes documentais.
4. Uso axeitado de TICs.
5. Seguridade e claridade na exposición oral.
10
Traballos tutelados A53 A54 A55 A56 A57 Realización dunha proposta didáctica que, fundamentada na revisión e análise de documentos, bases de datos, páxinas web, etc., terá as dúas partes:
- Coreografía que se llevará a cabo ao final do cuadrimestre (50%)
- Elaboración de proposta didáctica con material manipulable (50%)

Teranse en conta os seguintes aspectos:
1. Orixinalidade.
2. Creatividade.
3. Utilidade práctica e viabilidade.
4. Coherencia cos obxectivos e contidos da materia
5. Emprego de TICs.
15
Obradoiro A53 A54 Dado que se trata dunha práctica en grupo, na súa avaliación terase en consideración a capacidade de traballo en equipo e de comunicación das propias ideas mediante a creación dun ambiente propicio, así como capacidade para integrarse nun proxecto común destinado á obtención de resultados.
Será necesario ter un mínimo de 10 prácticas correctamente realizadas para obter un 5 neste apartado, polo que implica a obrigatoriedade da asistencia a clase por parte do alumnado.
A partir das 10 prácticas obrigatorias sumarase 1 punto por cada asistencia, podendo chegar á máxima calificación coa asistencia ás 15 clases do cuadrimestre.
En caso de situacións excepcionais, poderase recuperar algunha clase previo consenso có profesorado.
15
Proba mixta A53 A54 A55 A57 Realizaránse as seguintes probas prácticas:
1.1. Lectura musical (25%)
1.2. Dictado musical (15%).
1.3. Entoación vogal. (30%).
1.4. Interpretación con frauta doce. (30%).
30
Prácticas a través de TIC B1 B25 Emprego de TIC 5
 
Observacións avaliación

Para aprobar a asignatura é necesario obter un 5  en cada un dos
apartados  anteriores. No caso contrario non se fai media.

Na parte de Obradoiro, como se trata dunha interpretación instrumental grupal, o estudante que non poida realizar as 10 prácticas mínimas obrigatorias (por ser alumnado con dedicación a tempo parcial ou dispensa académica) deberá vir á proba acompañado como mínimo de catro persoas. No caso de non ser posible isto, o discente examinaráse cun acompañamento instrumental das pezas en formato dixital realizado por él. En todos os epígrafes a porcentaxe da avaliación será a mesma que a do alumnado asistente, que é a que figura en cada un dos apartados das probas, tanto na primeira como na segunda oportunidade.

Como consideración xeral, terase especialmente en conta, tanto nos exámes como nos
traballos, as deficiencias ortográficas de puntuación e acentuación, así
como unha redacción inconexa ou inadecuada, deficiente presentación, excesivo número de tachaduras, etc. Todo elo suporá redución de puntos sobre a nota
obtida.

Para non interferir no desenvolvemento do resto das materias, evitarase tocar instrumentos musicais nos pasillos e noutras áreas
comúns da Facultade, polo que o alumnado deberá solicitar ao profesorado a reserva da aula de usos múltiples (cando sexa posible e esté libre) có fin de realizar os ensaios de frauta  e da
coreografía nese espazo.

En caso de que a/o profesor detecte plaxio nalgún traballo, suporá un 0 na cualificación. En caso de reiteración,
daráse traslado á Comisión Académica para a toma de medidas oportunas.

Farase especial fincapé no cuidado do medio ambiente en pro dunha
educación e sociedade sostible. Para elo, sempre que sexa posible na
elaboración dos traballos empregarase material de reciclaxe e evitarase o emprego de materiais de plástico na entrega dos mesmos. Os traballos serán enviados exclusivamente telemáticamente, e de
non ser posible, nos documentos impresos non se empregarán plásticos,
elixirase a impresión a dobre cara, e papel reciclado, evitando imprimir borradores.
Débese facer un uso sustentábel dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.