Metodoloxías Descrición
Obradoiro Resolución de tarefas prácticas a través de diversas metodoloxías (exposicións, simulacións, debates, prácticas guiadas, etc.), co apoio e supervisión do profesorado.
Presentación oral Exposición na clase do traballo tutelado.
Traballos tutelados Traballo en grupo supervisado polo profesorado.
Sesión maxistral Exposición dos contidos da materia por parte do profesorado.
Proba de ensaio Proba consistente en preguntas de certa amplitude, en que se valora o coñecemento dos contidos, a capacidade de razoamento e o espírito crítico, así como a claridade expositiva e a corrección expresiva.
Lecturas Lectura de obras ou fragmentos seleccionados de obras de literatura infantil, así como de bibliografía específica.