Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A42 A44 A46 A47 B10 B12 B17 B21 C2 Proba que integra preguntas tipo. probas de ensaio e probas obxectivas.
65
Presentación oral A43 A44 A45 A49 A60 B15 B17 B21 C2 Exposición oral de traballos en grupo. 10
Análise de fontes documentais A28 A42 B11 B20 C3 C8 Conxunto de procedimentos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con TIC baseados na organización da clase en grupos pequenos nos que os alumnos e as alumnas traballan na resolución de tarefas orientadas a optimizar o seu propio aprendizaxe.
20
Portafolios do alumno A48 B11 B12 B15 B20 B21 C2 C7 C8 Inclúe os materiais produco das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado. 5
 
Observacións avaliación

Modo de avaliación para o alumnado que asiste regularmente

A avaliación realizarase de acordo cos seguintes criterios e
instrumentos: 

Criterios de avaliación:

- Verificación do cumprimento dos obxectivos marcados.

- Asimilación dos contidos teóricos e prácticos.

- Valoración dos traballos realizados durante o curso tanto
colaboradores coma individuais.

Instrumentos de avaliación:

- I.1 Uso da Lingua Inglesa: 2 puntos

- I.2 Didáctica da LE: 3 puntos

- I.3 Comprensión e expresión escrita: 1,5 punto

- I.4 Traballo grupal ou individual: 2 puntos

- I.5 Presentación Oral: 1 punto

- I.6 Portafolios (Opcional) 0.5 puntos

A avaliación dos items I.1, I.2 e I.3 realizarase na data
programada no calendario académico oficial e é de carácter individual.

A avaliación dos items I.4 e I.5 realizarase na data
programada no cronograma ao comezo do curso e pódese facer individualmente ou
en grupo (non máis de catro estudantes).

A avaliación do item I.6 é opcional. O portafolios recolle
actividades, tarefas e exercicios realizados na aula tanto orais como por
escrito aos que se deberá engadir un comentario ou reflexión crítica construtiva
con respecto á súa aplicación didáctica nas aulas de Infantil.

Os items 1, 2, 3, 4 e 5 son de obrigado cumprimento para
aprobar a materia. A nota final será o resultado da suma exacta das cualificacións obtidas.

A obtención dun suspenso
implica a repetición de todas as probas na súa totalidade na seguinte
convocatoria.

Modo de avaliación para o alumnado que non asiste
regularmente

1. Alumnado con dispensa académica:

* Aquel que en aplicación da: "Norma que regula o
réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na Universidade da
Coruña" (aprobada en Consello de Goberno de 29 de maio de 2012), se lle
recoñecera a condición de estudante a tempo parcial e solicitara ao Decano/a a
correspondente dispensa académica quedando eximido/a da obligatoriedade de
asistencia.

2.  Alumnado de
continuación de estudos (repetidores).

3. Alumnado que non cumpra o 80% de asistencia a clase.

Criterios de avaliación:

- Verificación do cumprimento dos obxectivos marcados.

- Asimilación dos contidos teóricos e prácticos.

- Valoración dos traballos realizados durante o curso.

Instrumentos de avaliación:

A. Proba individual

- I.1 Uso da Lingua Inglesa: 2 puntos

- I.2 Didáctica da LE: 3 puntos

- I.3 Comprensión e expresión escrita: 1,5 punto

B. Traballo e presentación oral

- I.4. Traballo individual. 2,5 puntos.

- I.5. Presentación oral. 1 punto.

- L.6. Portafolio (Opcional): 0,5 

A avaliación do apartado A (I.1, I.2 e I.3) realizarase na data programada no calendario académico oficial e é de carácter
individual. A avaliación do apartado B (I.4, I.5 e L6) realizarase na data acordada coa profesora e tamén é de carácter individual.

Os items 1, 2, 3, 4 e 5 son de obrigado cumprimento para aprobar a materia. A nota final será o resultado da suma exacta das cualificacións obtidas.

A obtención dun suspenso implica a repetición de todas as probas na súa totalidade na seguinte convocatoria.