Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Periodicamente e sistematicamente faranse debates e discusións de ideas previas sobre a motivación, interese e coñecementos con respecto á planificación e desenvolvemento da materia.
Aprendizaxe colaborativa Organización en pequenos grupos para traballar conxuntamente na resolución de tarefas sobre temas que xurdan da dinámica da propia materia e temas propostos pola profesora.
Saídas de campo Son saídas concibidas para o coñecemento do medio cultural no seu máis amplo ámbito, por medio da aprendizaxe directa.
Son a base para a realización de propostas didácticas por parte do alumnado.
Poderanse realizar saídas a exposicións, contornos naturais e encraves de interese cultural.
Sesión maxistral As explicacións teóricas referiranse ós contidos básicos que forman a estrutura de cada tema.
Terán unha orientación claramente didáctica e de aplicación das aprendizaxes nas aulas de Infantil.
Seminario Realizaranse traballos en grupo, cun papel decisivo por parte do alumnado no que respecta á participación, discusión, toma de decisións en común, busca de información e documentación, establecemento de metodoloxías, elección de temáticas en relación coa orientación da materia e desenvolvemento dos mesmos. O carácter didáctico será primordial. A profesora guiará esta actividade.
Análise de fontes documentais Realizaranse actividades para o coñecemento de fontes documentais de ampla diversidade que acheguen información acerca de contidos e, sobre todo, recursos didácticos en relación co medio histórico e xeográfico de Galicia.