Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A37 A39 B9 B10 B11 Ao tratarse dunha materia flexible, que se vai construíndo segundo os centros de interese do alumnado, guiado polo profesor, e de marcado carácter experimental, esta proba é un exercicio simple (a modo de síntese individual da aprendizaxe obtida) a desenvolver por cada alumna/o.

40
Saídas de campo A23 A40 B6 C4 A asistencia será obrigatoria e puntuará a participación activa, así como nas tarefas previas e posteriores ás mesmas. 20
Eventos científicos e/ou divulgativos B6 B8 B15 C7 O traballo de síntese a partir de conferencias (e a asistencia a estas), ou materiais derivados de encontros científicos e/ou divulgativos, será obrigatorio para o alumnado da materia. 20
Seminario A26 A33 A36 A39 B1 B4 B5 B7 B8 B9 B11 B12 B17 B18 C1 Valorarase a participación e implicación, así como a fundamentación, creatividade e a calidade do traballo grupal a realizar. Tendo en conta a participación de cada estudante no marco do mesmo. 20
 
Observacións avaliación

Na avaliación terase en conta a actitude, interese, participación e dedicación á materia.

Ao tratarse dunha materia de marcado carácter práctico e vivencial, non
se aconsella ao alumnado con dispensa académica. Así e todo, o alumnado
que se acolla á dispensa académica, deberá realizar un traballo de curso
individual e a proba obxectiva, sendo cualificados nun 50% un e outro. Para acollerse a esta modalidade, é condición
necesaria asistir a titorías (mínimo 2) para poder realizarse, por parte do docente, un seguimento directo
da elaboración do traballo de curso.