Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para obter información relevante que permita articular a docencia a fin de favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir os contidos da materia e facilitar a construción da aprendizaxe.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Presentación oral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais, por parte dos grupos de traballo sobre algún dos contidos da materia para optimizar a aprendizaxe individual e do grupo-clase.
Resumo Síntese dalgúns dos temas da materia coa finalidade de facilitar a comprensión do texto e a concentración persoal sobre o material obxecto de estudo.
Lecturas Realización individual de lecturas co obxectivo de asimilar os contidos da materia.
Proba obxectiva A proba obxectiva da materia consistirá nunha serie de preguntas nas que o alumno deberá utilizar os coñecementos adquiridos na materia ao longo do curso.
Mapa conceptual Técnica de traballo individual que consiste en establecer relacións entre os conceptos clave duns contidos.