Código Competencias do título
A4 Recoñecer a identidade da etapa e as súas características cognitivas, psicomotoras, comunicativas, sociais, afectivas.
A6 Coñecer a dimensión pedagóxica da interacción cos iguais e os adultos e saber promover a participación en actividades colectivas, o traballo cooperativo e o esforzo individual.
A7 Identificar dificultades de aprendizaxe, disfuncións cognitivas e as relacionadas coa atención.
A8 Saber informar a outros profesionais especialistas para abordar a colaboración do centro e do mestre na atención ás necesidades educativas especiais que se propoñan.
A9 Adquirir recursos para favorecer a integración educativa de estudantes con dificultades.
A10 Crear e manter lazos de comunicación coas familias para incidir eficazmente no proceso educativo.
A13 Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidade e interculturalista; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sustentable.
A16 Identificar trastornos no sono, a alimentación, o desenvolvemento psicomotor, a atención e a percepción auditiva e visual.
A17 Colaborar cos profesionais especializados para solucionar ditos trastornos.
A21 Saber traballar en equipo con outros profesionais de dentro e fóra do centro na atención a cada estudante, así como na planificación das secuencias de aprendizaxe e na organización das situacións de traballo na aula e no espazo de xogo, identificando as peculiaridades do período 0-3 e do período 3-6.
A23 Comprender que a observación sistemática é un instrumento básico para poder reflexionar sobre a práctica e a realidade, así como contribuír á innovación e á mellora en educación infantil.
A28 Coñecer experiencias internacionais e exemplos de prácticas de innovadoras en educación infantil.
A32 Valorar a relación persoal con cada estudante e a súa familia como factor de calidade da educación.
B3 Aplicar un pensamento crítico, autocrítico, lóxico e creativo.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B23 Habilidades sociais para exercer o liderado na aula.
B24 Recoñecemento e respecto á diversidade e á multiculturalidade.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.