Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Realizarase ao inicio de cada unidade temática, ou cando através do seguimento do traballo de aula e individual, se perciba a necesidade de aclarar ou introducir conceptos esenciais ou novidosos
Estudo de casos A través de casos reais ou supostos estudaranse especialmente os temas relacionados coas distintas discapacidades
Lecturas Indicaranse na aula as que teñen caracter obrigatorio e as que teñen un caracter opcional
Discusión dirixida Trátase de intercambiar razoamentos e elaborar un pensamento propio sobre algúns dos temas traballados
Aprendizaxe colaborativa Procederemos en dous sentidos:
-En equipos terán que facer unha proposta de intervención na aula dende unha perspectiva inclusiva
-Terán que poñerse en contacto con persoas da comunidade educativa para coñecer cómo contribúen no desenvolvemento de prácticas educativas dende unha perspectiva colaborativa
Investigación (Proxecto de investigación) En equipos de 3 ou 4 persoas terán que recoller unha experiencia educativa realizada en unha aula de Educación Infantil onde haxa alumnado con NEAE e terana que analizar dende o punto de vista da inclusividade do alumnado. A experiencia podera recoller nun centro, nunha publicación, etc.
Portafolios do alumno O alumnado terá que realizar unha recolleita dos contidos elaborados na aula para a partir de aí, analizalos, interpretados e enriquecer as opinións propias coas achegas dos autores propostos na bibliografía aduxntada ou outros autores lidos polo alumnado