Metodoloxías
Saídas de campo
Portafolios do alumno
Análise de fontes documentais
Seminario
Descrición
- O titor/a do centro supervisará e orientará o traballo de observación e recollida de información do alumnado durante a súa permanencia no centro.

- O/a Titor/a da Facultade realizará un primeiro contacto obrigatorio, previo á incorporación do alumnado ao centro. Este contacto servirá para constatar a recepción da documentación, comunicar a incorporación do alumnado e ultimar os trámites e acordos que foren necesarios.

-O/a Titor/a da Facultade realizará os contactos que estime oportunos e necesarios co titor/a do centro durante o período do Practicum para o mellor desenvolvemento do mesmo.

- Un dos contactos co centro terá obrigatoriamente forma de visita.

- Alén dos seminarios de seguimento do Practicum, o profesorado titor da Facultade estará dispoñible no horario de titorías.