Temas Subtemas
BLOQUE TEMÁTICO I. PSICOMOTRICIDADE EN EDUCACIÓN INFANTIL. A través deste bloque o alumno adquirirá os coñecementos teóricos necesarios para entender a intervención no ámbito da psicomotricidade.
BLOQUE TEMÁTICO II. COMPONENTES DA PSICOMOTRICIDADE. O CONTROL DAS ACCIÓNS MOTRICES A través deste bloque temático o alumno adquirirá os coñecementos necesarios para comprender o movemento libre , e a autorregulación, así como estratexias para detectar problemáticas e patoloxías que poida orientar cara a un especialista. Describiranse os distintos compoñentes da psicomotricidade
BLOQUE TEMÁTICO III. AS HABILIDADES MOTRICES BÁSICAS Analizaranse as distintas habilidades motrices básicas que máis influencia posúen nos primeiros anos de vida.
Tamén investigaremos sobre o xogo e o movemento cando estes se vivencian ó aire libre, o movemento a través da natureza ( a natureza terapéutica)
BLOQUE TEMÁTICO IV. DIDÁCTICA E INTERVENCIÓN EN PSICOMOTRICIDADE E HABILIDADES MOTRICES BÁSICAS Neste bloque indagarase en aspectos didácticos e na planificación de sesións de educación psicomotriz. Así como no acompañamento respectuoso e non directivo .Estratexias de intervención no caso de perigo físico e emocional. Pedagoxías do risco e da escoita