Metodoloxías
Presentación oral
Prácticas a través de TIC
Lecturas
Actividades iniciais
Aprendizaxe colaborativa
Sesión maxistral
Análise de fontes documentais
Descrición
A atención personalizada que se describe en relación a estas metodoloxías concíbese como momentos de traballo presencial co profesor, polo que implican unha participación obrigatoria para o alumnado.

A forma e o momento en que se desenvolverá indicarase en relación a cada actividade ao longo do curso segundo o plan de traballo da materia.
Estas medidas serán aplicábeis tanto ao alumnado que asiste regularmente ás aulas como a aquel con dispensa académica.