Metodoloxías
Recensión bilbiográfica
Portafolios do alumno
Traballos tutelados
Presentación oral
Estudo de casos
Descrición
Para o desenvolvemento do traballo tutelado principal (no que se inclúe unha recensión bibliográfica e estudo de casos), a súa presentación oral e a realización do cartafol, será preciso participar, como mínimo, en dúas sesións de titorización, nas que facer o seguimento por parte da profesora. Estas sesións serán indicadas na aula.

Por outra parte, para superar con éxito a materia, é moi aconsellable, así mesmo, a asistencia ás clases e o seguimento diario dos contidos e actividades propostas. Outras recomendacións útiles para o estudo da materia serían algunhas como: realizar as lecturas previas dos materiais así como as tarefas encomendadas en cada caso seguindo o cronograma previsto e atendendo as indicacións aportadas pola docente; desenvolver unha actitude crítica e reflexiva arredor da materia, para chegares a construír os alicerces acerca dun corpo de coñecementos sobre o eido socioeducativo; ou coidar a exposición, redacción e claridade de contidos nas probas escritas, nas actividades e nos exercicios en grupo, así como no resto de estratexias metodolóxicas propostas.