Metodoloxías
Traballos tutelados
Solución de problemas
Foro virtual
Lecturas
Análise de fontes documentais
Prácticas a través de TIC
Descrición
As clases son eminentemente prácticas, polo que os estudantes desenvolven o contido e coñecemento da materia especialmente a través do traballo individual, da investigación documental e a súa participación nos temas tratados, así como nas entregas periódicas a realizar (máis titorías, lecturas, debates, etc.).
Por elo, tanto o contido teórico como as actividades que se desenvolverán na parte práctica implican unha estreita colaboración entre o alumnado e o seu traballo e o profesor como guía; xa que nesta materia as horas de prácticas dedícanse principalmente á preparación e seguimento do traballo por parte dos estudantes, así como a outras cuestións relacionadas coa materia.
Para estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e exención académica de avaliación continua, acordaranse no inicio do curso titorías compatibles coa súa dedicación.
No caso das primeiras e/ou segundas oportunidades que non correspondan á avaliación continua, os criterios de avaliación rexeranse segundo a realización dunha proba oral ou escrita, segundo o número de alumnos e as circunstancias; proba na que se incluirán preguntas teóricas e prácticas e na que os estudantes deberán demostrar que acadaron as competencias e os resultados de aprendizaxe da materia.