Metodoloxías
Traballos tutelados
Obradoiro
Descrición
Realización, revisión e comentario de prácticas encamiñadas á mellora da competencia expresiva en lingua galega dos alumnos e das alumnas que o poidan precisar.
Consultas relacionadas con calquera das explicacións e das actividades realizadas tanto ao longo das horas presenciais ou das non presenciais como no traballo autónomo do alumnado.

A docente estará dispoñible, tanto no horario de titorías previamente marcado como a través do correo electrónico, para calquera dúbida relacionada coa materia ou co desenvolvemento do curso.

Estas medidas serán aplicábeis tanto ao alumnado que asiste regularmente ás aulas como a aquel con dispensa académica.