Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A43 A44 A45 A46 A47 B7 B9 B15 C1 Con esta proba, ademais de examinar os coñecementos adquiridos polo alumno/a durante o curso grazas ás sesións maxistrais, e ás actividades desenvolvidas nas sesións interactivas, e a análise de fontes documentais, avaliarase a súa competencia en expresión escrita en lingua castelá. 60
Traballos tutelados A45 A46 A52 B8 B9 B21 B22 B23 B24 B25 C1 C2 C3 C8 Os traballos tutelados serán dous:
- un de autoría individual, no que se inventa e desenvolve unha proposta lúdica para a didáctica da lingua ou da literatura (10);
- outro de autoría colectiva consistente no deseño dunha proposta de educación fora da aula ou na natureza orientada ao desenvolvemento da competencia en comunicativa do alumnado de Primaria. Se as circunstancias o permiten, ofrecerase a posibilidade de que o traballo grupal revista a forma de proxecto de aprendizaxe-servizo. A análise de fontes documentais terá un papel principal na redacción do apartado Marco teórico do traballo, de igual forma o Marco legal permite comprobar o aproveitamento das sesións interactivas e expositivas correspondentes ao tema 1 (30).
40
 
Observacións avaliación
<p>Os/as alumnos/as con matrícula a tempo parcial poderán solicitar a dispensa académica para esta materia. Logo de a obteren, deberán poñerse en contacto co/coa docente, que arbitrará procedementos de avaliación adicionais á proba obxectiva (á cal teñen, coma o alumnado ordinario, o dereito e o deber de presentarse).</p>