Metodoloxías
Mapa conceptual
Análise de fontes documentais
Presentación oral
Traballos tutelados
Descrición
Para a atención personalizada ao alumnado empregaránse os seguintes medios:
Correo electrónico, Moodle e a plataforma Teams. Nos tres casos tratarase de axustar a súa utilización ás demandas dos estudantes así como as necesidades derivadas das metodoloxías de traballo propostas.

Con estes medios se poderá orientar na consulta de fontes bibliográficas de interés e facilitar outras axeitadas as necesidades de cada alumno/a, se fará un seguimento dos traballos propostos para desenvolver tanto no contexto da aula coma fora de ela, se farán indicacións axustadas a cada suxeito de cara as exposicións orais propostas e, finalmente, se poderá facer un seguimento da realizacion do mapa conceptual, atendendo ós diferentes xeitos de plantexalo por parte de cada alumno/a.