Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral que se complementará co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Por suposto, e dado que esta aplicación non permite diferenciar entre sesións maxistrais e sesións interactivas, quero salientar que coa primeira etiqueta estou a referirme ao eido das aulas, isto é, tanto ao apartado maxistral como ao interactivo. Debido á situación excepcional, cf. https://www.udc.es/es/cufie/GD/
Traballos tutelados Realización dun traballo academicamente dirixido cuxa temática, de acordo co programa da cadeira, se anunciará durante a primeira semana de aulas ao grupo asistente a elas
Proba obxectiva O alumnado contará cun exame final que se realizará tendo en conta o calendario ao que obriga a facultade. Tendo en conta o devir do resto de cadeiras que compoñen o currículo do Grao así como, noutro orde de aspectos, a posíbel inasistencia ás aulas, a proba obxectiva resumirase, de xeito tradicional, nun exame final sobre diversos aspectos teórico-prácticos pertencentes ao material tratado e ás actividades realizadas. En caso de non poder realizar esta proba, solicitarase un traballo academicamente dirixido, individual ou grupal, segundo se anunciará convenientemente