Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa Participación de todos os alumnos e alumnas na construción dos saberes e na análise crítica dos contidos presentados na materia.
Traballos tutelados Realización dun traballo relacionado cos contidos comunicativo-literarios tratados no programa docente, adecuado ao alumnado de Educación Primaria.
Discusión dirixida Conversacións, debates e tertulias sobre obras literarias e sobre documentos teóricos.
Resumo Resumo e reflexión sobre as aprendizaxes adquiridas na materia.
Lecturas Os alumnos e alumnas deberán achegarse a un corpo bibliográfico indicado nas aulas e a varias obras literarias.