Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A25 A26 A27 A28 A30 Valoraráse a adquisición dos coñecementos relevantes e a capacidade interpretativa do alumnado (análise e síntese, argumentación, crítica...) adquiridos ao longo do curso. 40
Prácticas de laboratorio A25 A27 A28 A29 B2 B14 B16 B17 B23 B25 C6 C7 C8 Valorarase a implicación no desenvolvemento da tarefa e a presentación de resultados, tanto en actividades prácticas de campo/laboratorio como en sesións interactivas.

A avaliación deste apartado poderá realizarse por medio de diferentes metodoloxías, entre elas, a avaliación entre iguais baixo supervisión do/s docente/s.
30
Traballos tutelados A25 A26 A29 A30 B8 B9 B14 B15 B17 B25 C1 C4 Valorarase a capacidade analítica e interpretativa do alumnado respecto ás situacions obxecto de estudo, así como a competencia para diseñar materiais didácticos. Ademais, no seu caso, valorarase a exposición oral dos traballos, ben en modo presencial ou a través de sistemas telemáticos. 30
 
Observacións avaliación

NORMAS XERAIS DE AVALIACIÓN

Primeira oportunidade (Xuño):

A cualificación nesta oportunidade farase en función dos resultados obtidosnas seguintes avaliacións parciais:

1. Sesións interactivas e actividades prácticas de campo/laboratorio (30%):a asistencia a estas actividades é obrigatoria. Con independencia de que as sesións se desenvolvan de forma presencial ou telemática, se globalmente aasistencia/participación é inferior ao 80%, a cualificación neste apartado será 0.

2. Traballos tutelados (30%). Serán avaliados dous traballos que deben presentarse nas datas fixadas ao longo do curso, a través da plataforma Moodle. A nota neste apartado será a media ponderada, no seu caso, das cualificacións obtidas en cada un deles.

3. Proba escrita individual dosresultados da aprendizaxe (40%). Realizarase de forma presencial ou, se as medidas de seguridade así o esixen, a través de Moodle e/ou medios telemáticos. Poderanse facer unha ou dúas probas, no segundo caso a primeira abarcará a materia impartida no primeiro cuadrimestre e a segunda coincidirá coa data de exame fixada no calendario oficial de exames da facultade:

- Os alumnos/as que superen a primeira proba (primeiro parcial con cualificación de 5 ou superior) poderán presentarse ao exame do segundo parcial só coa materia non incluída no primeiro parcial. A cualificación correspondente ao apartado “Proba escrita” destes estudantes será a media aritmética das notas obtidas en cada parcial. O aprobado estará condicionado a que a nota de cada parcial sexa igual ou superior a 5.

- Os alumnos/as que no primeiro parcial teñan cualificación inferior a 5 deberán realizar unha proba final na devandita data oficial, que incluirá toda a materia. A cualificación para aprobar será de 5 ou superior e estará condicionada a que se aproben os contidos de cada un dos bloques.

- Os alumnos/as que non teñan aprobado (con cualificación 5 ou superior) os traballos tutelados e/ou as actividades interactivas/prácticas deberán realizar, na data oficial de xuño, unha segunda proba escrita específica e individual relacionada cos mesmos. A nota desta segunda proba seráa súa cualificación de xuño nos apartados de sesións interactivas/actividades prácticas e traballos tutelados.

Para obter a cualificación de aprobado na materia nesta oportunidade dexuño será imprescindible obter unha nota de 5 ou superior en cada apartado (sesións interactivas/prácticas; proba escrita; traballos tutelados). Cumprida esta condición a nota final será a media ponderada das cualificacións dos distintos apartados.

A cualificación dos estudantes que non teñan superada a materia será a media ponderada dos apartados suspensos.

Segunda oportunidade (Xullo):

O alumnado deberá realizar proba/s escrita/s de forma presencial ou, se as medidas de seguridade así o esixen, a través de Moodle e/ou medios telemáticos.

- O alumnado que asistiu ao 80% das actividades interactivas/prácticas e que ten aprobados os traballos tutelados, pero non superou a proba escrita individual de avaliación dos resultados da aprendizaxe, deberá realizar esta proba nas datas oficiais de xullo. A cualificación para aprobar será de 5 ou superior e estará condicionada a que se aproben os contidos de cada un dos bloques.

- O alumnado que non teña aprobado (con cualificación 5 ou superior) en xuño os traballos tutelados e/ou as actividades interactivas/prácticas deberá realizar, na data oficial de xullo, unha proba escrita específica e individual relacionada cos mesmos.

- O alumnado que non superara en xuño nin os traballos tutelados e/ou as actividades interactivas/prácticas, nin a proba individual escrita terá que realizar todas as probas antes mencionadas na convocatoria de xullo.

Para obter cualificación de aprobado na oportunidade de xullo é necesario ter superado con nota de 5 ou superior cada unha das partes (a proba escrita individual e os traballos tutelados/actividades interactivas-prácticas). A nota final será a media ponderada das cualificacións dos devanditos apartados.

A cualificación dos estudantes que non teñan superada a materia será a media ponderada das notas suspensas.

NORMAS ESPECÍFICAS DE AVALIACIÓN PARA:

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial, segundo o establecido na "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de Grao" na UDC (29/05/2012):

1. Deberá poñelo en coñecemento do docente na primeira semana de clase, ou, se isto non fora posible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fora concedido o recoñecemento.

2. Terá dereito preferente a elixir grupo cando haxa horarios diferentes nas sesións interactivas.

3. O resto da avaliación rexerase polo que establecen as "normas xerais de avaliación" desta guía docente.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica que lles exime da asistencia á clase segundo o establecido na "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de Grao" na UDC (29/05/2012):

1. Deberá poñelo en coñecemento do docente na primeira semana de clase, ou, se isto non fora posible, nun prazo non superior a 7 días desde quelle fora concedido o recoñecemento.

2. A cualificación final na primeira convocatoria (maio/xuño) será o resultado das cualificacións obtidas nos seguintes apartados:

- Sesións interactivas/actividades prácticas (30%). O alumnado debe realizar de xeito individual (sen obriga de asistir a clase) as sesións interactivas das que consta a materia, tendo que cumprir obrigatoriamente un calendario de entregas que o docente lle entregará en dúas quendas correspondentes cos dous cuadrimestres (durante o primeiro mes de clases en cada caso), unha vez que o alumnado lle presente o certificado de recoñecemento de matrícula a tempo parcial e dispensa académica. A cualificación deste apartado está condicionada á entrega por parte do alumno das prácticas e seminarios e a súa avaliación positiva. Non se terán en conta os traballos entregados fóra de prazo ou avaliados negativamente. (100%de entregas con avaliación positiva: 3 puntos; menos de 80%: 0 puntos; e o resto das porcentaxes con puntuación proporcional).

- Traballos tutelados (30%). O alumnado terá que realizar, obrigatoriamente e de forma individual, dúas actividades academicamente dirixidas (AAD) e terá que entregalas subíndoas ao Moodle, segundo o calendario establecido ao longo do curso. A cualificación deste apartado será a media ponderada das cualificacións obtidas en cada traballo. Para que se teñan en conta as cualificacións destas dúas actividades, é requisito imprescindible ter entregado cando menos un 80% das sesións interactivas/prácticas con avaliación positiva.

- Proba individual global de avaliación dos resultados de aprendizaxe (40%). Realizarase na data establecida no calendario oficial da Facultade de forma presencial ou, se as medidas de seguridade así o esixen, a través de Moodle e/ou medios telemáticos. Para obter unha cualificación de aprobado, é imprescindible ter entregado cando menos un 80% das sesións interactivas/prácticas con avaliación positiva, e obter unha media de polo menos 5 sobre 10, tanto nos traballos tutelados como na proba individual global. No caso de que o alumno entregara cando menos un 80% das sesións interactivas/prácticas con avaliación positiva e non acade o aprobado, a súa cualificación corresponderá á parte suspensa.

A cualificación total no caso de superar a materia farase en base á media ponderada de cada un dos apartados. A cualificación dos estudantes que non teñan superada a materia será a media ponderada dos apartados suspensos.

Os alumnos/as que non teñan aprobado (con cualificación 5 ou superior) os traballos tutelados e/ou as actividades interactivas/prácticas deberán realizar, nas datas oficiais, unha segunda proba escrita específica e individual relacionada cos mesmos. A nota desta segunda proba será a súa cualificación dos apartados de sesións interactivas/laboratorio e traballos tutelados. A avaliación para a "segunda oportunidade (xullo)" rexirase polas "normas xerais de avaliación" desta guía docente.

NOTA 1: A cualificación das sesións interactivas/prácticas e traballos tutelados só se garda durante un curso académico.