Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Valoración dos coñecementos previos do alumnado.
Traballos tutelados Realización colectiva dun traballo tutelado que constará de dous partes:
1. Parte escrita: elaboración dunha tarefa integrada, baseada nos elementos curriculares propios de 2 ou máis materias, sendo obrigatoriamente una delas "Música e Danza". Entre as propostas ha de contemplarse o movemento corporal ou a danza nalgunha das súas manifestacións.
2. Parte audiovisual (vídeo): o elemento corporal ou coreográfico da tarefa integrada será escenificado e gravado en vídeo polos compoñentes de cada grupo, podendo contar, entre outros, cos seguintes recursos complementarios:
- Percusión corporal.
- Dramatización musical.
- Creación de xogos musicais.
- Emprego de playback, medios audiovisuais, musicogramas dinámicos, etc.
- Emprego de escenografía e vestiario.
Valorarase positivamente a concienciación sobre a perspectiva de xénero a través destes recursos.
Obradoiro Actividades individuais e colectivas que abranguerán os seguintes aspectos na súa dimensión práctica e didáctica:
1. Interpretación vocal.
2. Interpretación instrumental.
3. Práctica auditiva
4. Aplicación das novas tecnoloxías á práctica e ensino musical.
Proba mixta Esta proba realizarase en dúas fases: a primeira (escrita) consistirá na realización de exercicios prácticos relacionados co temario oficial. A segunda consistirá na execución (vocal e instrumental) dunha ou varias pezas do repertorio establecido.
Prácticas a través de TIC Transcrición dos exercicios teóricos, prácticos e compositivos aos formatos dixitais adecuados, segundo a súa natureza (abertos ou pechados).
Estes arquivos serán compartidos e entregados para a súa avaliación mediante as plataformas informáticas que se establezan.
Sesión maxistral Explicación do contido temático por parte do profesorado ou de profesionais especialistas convidados/as.
Cando o profesorado responsable da materia organice concertos, conferencias, seminarios ou charlas sobre temáticas relacionadas coa materia, serán consideradas tamén dentro deste apartado, e por tanto de obrigada asistencia.