Proba mixta |
Esta metodoloxía engloba varias probas de avaliación:
-Por un lado realizaranse unha serie de probas mixtas (obxectivas de preguntas abertas, ou tipo test, de resposta curta, etc.) que formarán parte da avaliación individual e continua de cada estudante. As datas e horarios destas probas se presentará e comunicará na aula e realizaranse sempre que sexa posible na franxa horaria asignada da materia. Poderán ser realizadas tanto presencialmente como online, segundo indique o profesorado responsable da materia.
-E por outro lado, tamén acolle a proba escrita (exame) final onde combinaranse preguntas abertas e pechadas e que posiblemente non todo o alumnado teña obrigación de realizar. E que preferiblemente realizarase presencialmente na data oficial publicada e asignada á materia. |
Lecturas |
Material escrito que se lle propoñerá ós estudantes para coñecer diferentes cuestións do temario. |
Sesión maxistral |
Exposición dos distintos contidos da materia por parte do/a docente, buscando presentar a información, motivar o estudo e o traballo e a participación do alumnado. Realizarase preferentemente por TEAMS pero tamén posiblemente a través de pequenos vídeos ou materiais audiovisuais. |