Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Proba mixta
Traballos tutelados
Prácticas a través de TIC
Descrición
A atención personalizada descríbese como momentos de traballo presencial co/coa docente.
A forma e o momento en que se desenvolven indicaranse en relación a cada actividade ao longo do curso segundo o plan de traballo da materia.

Os traballos tutelados guiaranse mediante titorías individuais ou grupais, presenciais ou mediante Teams. No caso das titorías grupais, cada grupo de estudantes deberá acudir a aquelas titorías de seguimento que convoque o/a docente, e expor oralmente os seus progresos.