Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Realizaranse análises de supostos prácticos que achegarán ao alumnado á realidade educativa que se presenta na aulano que atinxe ás dificultades na aprendizaxe.
Lecturas Individualmente, realizaranse 3/4 lecturas que facilita o docente e que complementan os temas tratados.
Traballos tutelados En grupos (mínimo 3 e máximo 4) deberán elaborar materiais de intervención nas DA (segundo o tema tratado na clase). Estes traballos serán orientados polo profesor nas súas diferentes fases e serán expostos ante os demáis compañeiros. Non se admiten traballos individuais.
Portafolios do alumno As actividades propostas nas sesións interactivas serán incluidas nun portafolio que se entregará individualmente ao final do cuadrimestre.
Sesión maxistral Todos os temas serán introducidos polo profesorado nas sesións expositivas.
Proba mixta A proba de avaliación final será unha proba mixta que combine preguntas de resposta curta e preguntas tipo test sobre os contidos abordados durante o curso.