Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición dos contidos da materia por parte do profesorado.
Lecturas Lectura de fragmentos ou obras seleccionadas de literatura infantil e xuvenil, así como de textos, de recoñecido prestixio científico, especializados en didáctica da literatura infantil e xuvenil, en animación á lectura e en educación literaria en termos xerais.
Traballos tutelados Posta en práctica dun traballo previamente acordado pola profesora a partir de contidos e metodoloxías analizados na aula.
Portafolios do alumno Memoria e comentario crítico acerca das lecturas realizadas na aula. Teranse en conta a capacidade para seleccionar fontes bibliográficas de calidade, así como a capacidade para elaborar un discurso sintético, claro e correcto desde o punto de vista expresivo.